martes, 7 de febrero de 2017

A singladura da nosa “Nao senlleira” continúa


A singladura da nosa “Nao senlleira” continúa este curso  2016-2017.
Na primeira reunión do club, o 10 de novembro, presentáronse os novos membros e reencontrámonos cos antigos, achegamos a temática coa que estamos a traballar este ano na biblioteca, “Nao senlleira, navengado á deriva”, e propuxemos a lectura de cómics variados relacionados coa navegación. Xurdiron así escollas como os cómics de Corto Maltés, Astérix e a Gran travesía ou A Odisea.
Na segunda, o 7 de decembro, comentamos estas lecturas e quedamos en reunirnos o día 20 de decembro, antes de Nadal, para intercambiar libros entre nós e lelos nas vacacións. Así, ofrecéronse títulos como Océano mar, de Alessandro Baricco, as Comedias bárbaras, xa que acaba de ser, o ano pasado, o 150 aniversario de Valle-Inclán, un cómic sobre a Guerra de Troya, a novela  De Victoria para Alejandro, ambientada na antigüidade, un libro sobre a biografía de Valle, pensado para nenos, entre outras obras.



Á volta das vacacións, reunímonos o martes 17 de xaneiro para opinar sobre estes libros e fixar unha data para a nosa “sesión flocos de millo”, na que quedaremos a xantar no insti e veremos unha peli.
 







No hay comentarios:

Publicar un comentario